Thursday 16 de May de 2024

Xuntanza informativa sobre os predios de substitución da concentración Parada II


Terá lugar o vindeiro venres, 22 de xullo, ás 11 horas no campo da festa

O vindeiro venres, 22 de xullo, ás 11 horas no campo da festa de Parada, levarase a cabo unha xuntanza informativa sobre a toma de posesión provisional dos predios de substitución que resultan do acordo de reestruturación parcelaria Parada II. En base a isto convócase ás persoas propietarias do acordo de reestruturación da dita parcelaria.